O alumnado de 4º a 6º tivo o encargo de achegarnos a todo o centro celebracións nalgúns países do mundo, lugares dos que proceden
Todos sabedes que no inicio do inverno se celebramos unha festa de orixe celta, o Samaín, festa na que se fai honra aos mortos, ao mundo do máis alá. Pero tamén ten relación directa coa colleita, o culto ao sol, a protección contra o rudeza do inverno. En moitos casos soamente vemos a festa do terror e dos disfraces que nos venden en televisión, publicidade, e series americanas.
Pero este tipo de celebración ten tamén as súas similitudes con outras culturas e isto é o que todos descubrimos despois de investigar as seguintes festas:
- Festival da vendima en Arxentina.
- Festa da Lúa en China
- Harvest home, Family Farm Festival en Inglaterra
- Italia festivais gastronómicos de outono.
- Festa dos dátiles en Marrocos
- Festas Juninas en Brasil.
Estas son as fotos do resultado da investigación que se expón no Lareteiro, espacio de Dinamización Lingüística do noso centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario