viernes, 12 de mayo de 2017

Recital da IX semana da poesía.

O venres 28 de abril tivo lugar no ximnasio escolar o recital da IX semana da poesía.
Despois dunha presentación a cargo da directora do colexio Dolores Nieto e dun visionado de videomontaxe do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, produciuse a entrega de premios e recitado de poesías dos gañadores así como a lectura de poemas de autor.
O recital finalizou cunha actuación musical dos alumnos e mestres interpretando entre outros temas a canción Alborada de Uxía e o himno galego.























sábado, 8 de abril de 2017


IX SEMANA DA POESÍA

IV CERTAME DE POESÍA

Con motivo da IX Semana da Poesía que se celebrará no centro, o EDEBE E ODLG propoñemos as seguintes actividades:
1.  Aula Específica, Ed. Infantil, 1º e 2º: ilustración da poesía
  • Esta poesía pode ser personalizada polo alumnado para logo ilustrar a creación propia.
  • O formato deste traballo é libre e individual.
2. 3º, 4º, 5º e 6º: Composición dunha poesía de extensión, rima e ilustración libre e relacionada co tema da natureza que se está a traballar no centro dentro dos proxectos "Naturxallas" e "Naturalízate"
3. Valorarase a presentación, orde, limpeza dos traballos presentados á hora de elixir os gañadores.
4. As obras creadas levarán na parte posterior o nome e curso do alumno/a.
5. Os titores farán una preselección dos traballos realizados que entregarán aos membros dos equipos mencionados para escoller os gañadores.
6. Entre as obras entregadas elixirase un gañador por titoría.
 7. O prazo máximo de entrega será o 4 de abril.
8. Proximamente informarase da data do recital e entrega de premios que se celebrará na semana do 24 ao 28 de abril.




viernes, 10 de febrero de 2017

PREPARANDO A PAZ

PREPARANDO O DÍA DA PAZ





         Ese ano  para celebrar o día da paz   buscamos información  sobre todas as mulleres que foron galardoadas con este premio.Despois fixemos  unha pequena exposición con todos os traballos presentados. Alí os nosos alumnos buscaron a resposta a unha batería de preguntas que lles tiñamos preparadas.

Así de bonita quedou.


Dende o EDNL propuxeron unha galería de fotos coas que tiñamos que imaxinar situacións e frases de concordia .
Tamén celebramos  un acto no que cada alumno regalou un "Caramelo de Paz a un compañeiro. "













viernes, 27 de enero de 2017

mais vale tarde

 POUQUIÑO A POUCO , COMEZAMOS A NOSA ANDAINA


    

  Dende o inicio do curso estamos a traballar na  biblioteca coa ilusión de achegar os lilbros ao noso alumnado e de espertar neles o interese e a ilusión por adentrarse noutros mundos navegando nun mar de libros.
       É por eso que fixemos unha exposición cos fondos  adquiridos recentemente.



  SAMAÍN 2016
      Nestas datas nas que é tan facil confundir o mundo real e o imaxinario aproveitamos para poñer a man dos nosos alumnos unha boa selección de fondos"terroríficos " cos que desexamos se divirtan aterradoramente.
É  por iso que os corredores do noso colexio aparecen  cheos de expositores con libros que poden  coller  libremente para usar na "HORA DE LER"





CENTENARIO DE ROALD DAHL

       Non podiamos deixar pasar a ocasión  do centenario deste "amigo dos nenos"  de  xeito  que seleccionamos os fondos da nosa biblio para invitar ao alumnado a adentrarse no maravilloso e fantástico mundo do autor.