Ei rapaces! Hoxe déixovos ese vídeo que preparamos na Bibliteca, coa axuda da CONTADORA DE SOÑOS, para segundo e terceiro ciclo de primaria sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE.
E agora poñede en práctica os vosos coñecementos. Premede na imaxe e adianteeee!
Esto foi o que estivemos a facer estes días coa campaña LIBERA UN LIBRO (BOOK CROSSING) para conmemorar O DÍA DO LIBRO (23 de abril) e na que cada ciclo tiña o seu punto para facelo.E nós, neste blog, queremos aportar algo moi especial...unha historia, unha colaboración, uns sentimentos..
José Lodeiro Gesto, profesor de
música e escritor afeccionado, comparte a súa historia titulada "AQUELES ANOS",
JHARECK (Iago Rey)
comparte a letra desta historia adaptada a rap e a súa voz e os alumn@s de 6ºB comparten as súas ilustracións.
Ole e Ole! Que teño FACEBOOK! e así ser amigo de CARMEN LODEIRO, CONTADORA DE SOÑOS, profesora do noso colexio que se presenta ao concurso de vídeos de VOZ NATURA "Reforéstate"
Paseando por un bosque encantado a fantasía e imaxinación don nen@s conta a beleza dun mundo con árbores e natureza e pasando por todas as estacións do ano. Co lema: NON PERMITAS QUE O BOSQUE ESTÉA SÓ NA NOSA IMAXINACIÓN. REFORÉSTATE!
Para aopiar a este vídeo temos que ter o maior número posible de amigos no FACEBOOK de Carmen Lodeiro así que...
SE ERES USUARIO DE FACEBOOK...
FAITE AMIGO PARA PODER APOIAR O NOSO VIDEO NO CONCURSO "REFORÉSTATE DE VOZ NATURA"
O grupo Marearte organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi.
Nós participamos con dúas curtas:
A presentada polos alumn@s de 5º A e o seu profesor FERNANDO PINTOS, titulada FELICIDADE (nº28)
E a curta sobre o libro MATAPITOS.COM de Glória Sánchez, Editorial Xerais, dos alumn@s de 6ºB e a súa profesora CARMEN LODEIRO (CONTADORA DE SOÑOS) (nº 25)
O plazo para votar é dende o 26 de maio ata o 7 de xuño a través da páxina de OLLOBOI. (Premendo na imaxe de arriba podes acceder a ela).
O vindeiro 23 de Abril celebrarase "O Día do Libro" polo que, dende a Biblioteca, invitámosvos a tod@s para que participedes na "liberación" dun libro.
1º- Seleccionade, coa axuda da vosa familia, un libro e traédeo ao colexio.
2º- Colocádeo así
1º Ciclo.... Na casiña do bosque
2º Ciclo... Ao carón da cortiza
3º Ciclo... O lado do ascensor
3º.- Observade se o Bibliorato mandou alguén para buscalo. Vós podedes levar tamén un libro que vos interese.
Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA e non podemos pasar por alto esta data xa que o noso proxecto, precisamente, xira en torno a este elemento.
Déixovos un video no que se relaciona a auga cos alimentos, o gasto na súa elaboración, e tamén unha chamada sobre o desperdicio de comida, gasto tamén innecesario deste preciado elemento.