Pouquiño a pouco e coa axuda de todos, incluído o noso Bibliorrato, imos remodelando a nosa nova Biblioteca Escolar para facela máis útil e agradable.
Esto vaise notando na gran afluencia de lectores que nos visitan diariamente, tanto nos recreos da mañán como no tempo de descanso ao mediodía.
Nesta primeira etapa quixemos promocionar o recanto da entrada con materiais moi interesenates como é a banda deseñada. No corredor xunto con libros de curiosidades e de entretemento colocamos unha pequena seleción de exemplares de banda deseñada de todos e cada un dos diferentes tipos cos que contamos na biblioteca.
Esperamos que vos gusten, e non dubidedes en entrar, nos andeis de banda deseñada hai moitísimos máis, SEGURO QUE ATOPAREDES ALGÚN QUE VOS ENGANCHE!!!!
Outra idea foi facer un recanto acolledor onde descubrades pouco a pouco todas aquelas enciclopedias, libros de gran formato con grandes e maravillosas fotografías, con moita información que tiñamos na biblioteca e que non eran manexables.
Deste xeito colocámosvos unha mesa redonda con un punto de luz onde cada pouco tempo iremos deixando eses libros para que curioseedes, examinedes e comentedes todo aquelo que poidamos descubrir nestes grandes volumes da nosa biblioteca.
Esperamos que o disfrutedes!!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario