É de agradecer que unha persoa do seu nivel, con tantas ocupacións, pois participa en multitude de actividades de investigación a nivel internacional, tivera a ben achegarse ata o noso colexio e nos dera dúas charlas:
- Unha dirixida aos escolares de Educación Primaria na que contou como era o seu traballo, explicounos e ata demostrou cun experimento o que era o ADN, e mostrouse disposto a contestar multitude de preguntas que tiñan todos os nosos nenos.
- E unha segunda charla que se ofreceu a todos aqueles pais e nais de alumnos así como algúns ex-alumnos que non quixeron perder a oportunidade de poder escoitalo.
- A ciencia é asequible para calquera, e eso
demostrouno co seu bo facer, coa claridade e adaptándose estupendamente á mente infantil explicando ao seu nivel temas tan complexos como o xenoma humano. - Os experimentos non sempre precisan de grandes maquinarias ou computadoras. Separaou o ADN duns chícharos con productos que todos poderíamos atopar nas nosas casas.
- A ciencia tamén se pode facer en galego.
- Sendo de Santa Comba tamén podemos e temos posibilidades de lograr todas as metas que nos propoñamos.
- Con ilusión e gañas podes lograr que o teu traballo e o teu esforzo sexa gratificante e que deixe de representar algo pesado e negativo para convertirse en algo motivador e positivo.
Nota: Fixádevos nas caras dos nenos, esas caras dino todo! estiveron encantados e moi atentos.
0 comentarios:
Publicar un comentario