Continuando en torno ao tema do cine, dende a biblioteca propoñemos o visionado da película "Feliz Navidad". Baseada nun feito real da Primeira Guerra Mundial, narra a tregua que celebraron os soldados na Noiteboa de 1914.
Fainos reflexionar que dentro do corazón destes soldados reinaba a paz, pero fóralle imposta unha guerra que os obligaba a odiar. Unha panxoliña, o Nadal, e os recordos das súas vidas fóra do odio fixeron que durante a guerra reinara a PAZ lonxe das obrigas impostas por gobernos e intereses. Danos unha visión positiva do ser humano. A paz é posible.
Anuncio baseado nesta película.
0 comentarios:
Publicar un comentario