Vaia colección de monstros bos que temos no cole para celebrar Samaín! Monstros que reparten apertas, bicos, comida, cartos, que limpan, que arranxan libros, que axudan a ser felices, que coidan do planeta terra, que axudan a facer os deberes, que intentan que os montes non ardan, que coidan dos océanos, que axudan a conseguir os retos, que fortalecen amizades...
Este é o noso MONSTRUARIO, un tesouro da creatividade!
E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s.
Destacamos especialmente ao "HOME DO SACO". No seu saco colecciona momentos bonitos da vida das persoas, desexos, soños... Eses tesouros que todos temos agochados no noso corazón!
Entre tod@s contribuímos a encher o seu saco. Que ilusión!
Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!
Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!
Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!
Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.
Primeiro e infantil encheu o saco de sorpresas e a máis grande veu dende a biblioteca: unha rede de palabras ditas con tenrura que fixemos para o conto "O Xigante do Pantano" .
A verdade é que o saco quedou cheíño. Queredes botarlle unha ollada?
E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s.
0 comentarios:
Publicar un comentario