Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos.
A súa orixe é hindú e soen realizarse na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda.
Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros.
Este é o resultado dun gran traballo en equipo, uns traendo chapas, outros pintandoas e os artistas de 6º de Primaria realizando os seus rangolis, cada un ten o seu significado.
Na nosa biblioteca
hai unha porta encantada
que está aberta e esperando
aos magos e as fadas.
Garda un tesouro de libros
de historias marabillosas
que nos contan as fazañas
de figuras fabulosas.
Se te atreves a entrar
grandes probas has de pasar
así que quita as túas lagañas
e forma parte desta historia!
(Máis información en CONTADORA DE SOÑOS http://carmenlodeiro.blogspot.com.es/)
0 comentarios:
Publicar un comentario