miércoles, 6 de marzo de 2013

UNHA DOBRE INVITACIÓN!!!

Ola de novo! Desta volta quero invitarvos á proxección da película Brave que o Venres pola tarde teremos no colexio para conmemorar o “Día da Muller Traballadora”.


Fixádevos moi ben na historia porque logo sería estupendo que me axudárades cunha tarefa relacionada con esta peli pero… Esto xa volo explicarei máis adiante!

Tamén me gustaría invitarvos a participar no PRIMEIRO CONCURSO DE POESÍA do noso cole.


Adxúntovos as bases coa información e a ficha para poder participar.


Adiante! Deixade voar a vosa imaxinación, sacádelle brillo a vosa variña máxica e… a expresar sentimentos!

0 comentarios:

Publicar un comentario