1.-XXI PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO, onde premian as actividades relacionadas co fomento da literatura e da lectura en xerale da galega en particular. O noso proxecto FANTASÍA ANIMADA, contos con teatro de sombras, levado a cabo durante o mes de novembro de 2012 vai para a modalidade de CENTROS DE ENSINO. Presentada a memoria e material adxunto nun maletín propio da nosa Biblioteca...
2. IMAXINA CANTARES Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de produccións en soporte audiovisual.
3.- INVENTAR É DIVERTIDO. O MIBA (o museo de ideas e inventos de Barcelona) convoca o PRIMEIRO CONCURSO ESCOLAR DE INVENTOS onde os inventos transmitan felicidad, bo humor e sorrisos a todo o mundo. Non sei o que sairá de aquí pero o importante é que nos divertamos moito, moito. Na aula da Contadora de Soños traballarase este tema e xa estou desexando ver o que de aquí sae! (máis información premendo na imaxe da dereita)
0 comentarios:
Publicar un comentario