O compañeiro DOMINGO MÉNDEZ, do Colegio Jaime Balmes de Cieza (Murcia) invitou a profe CARMEN LODEIRO (CONTADORA DE SOÑOS) a participar nun blog colectivo para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2011. (Se premes na imaxe de arriba podes acceder a este blog)
A CONTADORA DE SOÑOS presentou un traballo sobre O CINE NO ENSINO, en concreto sobre a película "O SEGREDO DE KELLS", de producción irlandesa e nominada aos Premios Oscar 2010 dentro da categoría de animación.
A película, ambientada no século IX, conta as aventuras dun rapaz que habita na Abadía de Kells no momento en que se está a iluminar o Libro de Kells.
Estas son as actividades para primaria propostas despois de visionar a película na aula.
Actividades Para Primaria Libro de KellsTamén se aportou un xogo de elaboración propia, do que temos unha copia na Biblioteca, chamado O TRISKELE DE KELLS. Aquí tedes o taboeiro, as normas, e as tarxetas de probas e preguntas.
Xogo Do Triskele de Kells
0 comentarios:
Publicar un comentario