Este ano a CAMPAÑA MUNDIAL DE EDUCACIÓN trata o tema das nenas e a súa discriminación a hora de acceder a uns estudos. Por múltiples causas, en distintas culturas, négaselles unha educación.
O día 27 de maio as 10 e media hora peninsular hai unha actividade proposta : O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.
Consiste en soltar globos de papel con contos e mensaxes todos xuntos a mesma hora. Nós, por motivos de seguridade, empregaremos cometas.
PARTICIPA, ESCRIBE A TÚA HISTORIA E QUE A LEVE O VENTO
Esta mensaxe, interpretada por Laura G. e Laura C. de 5º B, será a que, o venres 27 de maio as 10:30, surcará os ceos dende o noso cole. (Se premes en mensaxe irás ao blog da CONTADORA DE SOÑOS e terás máis información)
Que alguén o escoite. Que o mundo cambie.
CONTADORA DE SOÑOS
1 comentarios:
Preciosa canción "muñecas de trapo". A verdade é que temos grandes artistas neste cole, cada día doume conta de o grandes que son os nosos alumnos. Pero tamén do importante é a variña máxica das fadas que fan que estes talentos e estes artistas saian á luz. GRacias Maricarmen.
Publicar un comentario