Que veño, veño cargadiño de poesías.....!
Empezamos pola Contadora de Soños! Na parede do pasillo de terceiro ciclo os alumnos de sexto pintaron unha poesía visual titulada "A MUSA DA POESÍA".
Empezamos pola Contadora de Soños! Na parede do pasillo de terceiro ciclo os alumnos de sexto pintaron unha poesía visual titulada "A MUSA DA POESÍA".
A segunda parede do colexio, que se decorou con poesía visual, é a que está no pasillo de primeiro ciclo. En colaboración coas profes de segundo creouse esta poesía visual titulada "O meu xardín" que xira en torno ao radiador, empregado para facer unha casiña rodeada de elementos primaverais.
Tamén o profe FERNANDO e os alumn@s de sexto B quixeron facer poesía visual adornando o armario da súa aula. Lugar de refuxio, lectura, reunións... Aquí tedes a súa poesía ALMATORIO.
VAIA ARTISTAS QUE TEMOS NO COLEXIO!
QUE SORTE TEMOS!
QUE SORTE TEMOS!
0 comentarios:
Publicar un comentario