Menudo concerto tivemos no ximnasio! Cinco compoñentes do Conservatorio Histórico de Santiago, dentro do programa patrocinado pola Xunta de Galicia, que percorreron xa 70 colexios de toda Galicia e chegaron a 6.000 escolares, estiveron con nós.
Aprendemos valores como a cooperación, respecto, tolerancia, esforzo, responsabilidade, compartir...a través dun debate primeiro, e de varias representacións despois.
Mirade que atentos estivemos!
Este é o conto dos HERMANOS GRIMM, que estes artistas escenificaron: "OS MÚSICOS DE BREMEN".
0 comentarios:
Publicar un comentario