martes, 2 de febrero de 2016

Que farías tí pola paz?

É ben certo que todos estamos de acordo que un mundo mellor é aquel no que reine a paz. 
PERO...
non é suficiente, para logralo todos teñen que aportar algo para conseguilo, non chega con soñalo, esperalo, ou esixilo.
ASÍ PENSAMOS QUE SERÍA BO QUE TODAS AS CLASES,
TODOS OS ALUMNOS
PENSARAN,
REPENSARAN,
DECIDIRAN,
ANALIZARAN, E
ESCRIBIRAN
O QUE ELES FARÍAN POLA PAZ.
E isto afecta a todo o mundo, non soamente aos nenos que teñen que aprendelo, nin soamente aos profes que vos axudan a pensalo, nin unicamente aos gobernantes...
Esto afecta a todos e cada un dos homes da Terra e para deixalo claro traducimos a varios idiomas este manifesto.
Axudáronnos os pais de alumnos do centro que proveñen doutros países  e agora
AHÍ O TENDES NO LINGUATEIRO! 
para que todo o mundo saiba que nos comprometemos en lograr un mundo mellor coa axuda e colaboración de todos.
MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN.
MOITAS GRAZAS AOS PAIS QUE TAMÉN COLABORARON.
MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, que coordinou toda esta actividade.
POR UN MUNDO MELLOR!
POR UN MUNDO EN PAZ!


0 comentarios:

Publicar un comentario