A raíz do conto "A PRINCESA QUE PERDEU O SEU NOME", co que conmemoramos o DÍA DA PAZ, xurde o proxecto "ATRAPANOMES" co obxectivo de que os rapaces aprendan a importancia de ter un nome, símbolo de IDENTIDADE.
Deste xeito, investigamos a orixe dos nosos nomes, o significado, a historia de por que os nosos pais elexiron o noso nome... Con esta información elaboramos un EX-LIBRIS propio (marca de identificación que se coloca nos libros). Este é o resultado resumido do noso traballo. Parabéns a todos polo voso esforzo!
0 comentarios:
Publicar un comentario