Este ano Fernando, de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, propuxo esta actividade tan divertida na que as rapazas levan o seu COMPADRE (un boneco de sexo masculino elaborado con diversos materias) e os rapaces intentan quitarllo. Aquí tedes unha mostra dos que se fixeron.
Logo, no recreo, xogamos a que os nenos llos quitaran as nenas...
E como vedes algún logrou o seu trofeo.
Pero as rapazas terán a súa revancha o próximo xoves: O DE COMADRES!
Grazas a todos os pais/nais que colaboraron con nós na elaboración dos bonecos. Grazas aos nenos por comportarse tan ben nesta actividade e grazas a ti, se estas a ler esto, por compartir con nós a nosa ilusión.
1 comentarios:
É moi bonito gustoume moito
Publicar un comentario