Sabedes que está feito de plastilina? Vaia artistas temos no colexio! Aquí podedes atopar máis de 200 figuras entre as que destacan amigos meus como O APALPADOR, A DAMA DO LAGO, MERLÍN, O SHELLYCOAT, SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS... Na súa elaboración participaron os seguintes grupos: 3º B(praderías marinas) 4º A (decoración das cunchiñas do Portal), 4º B (algas e corais), 5º A e 5º B (animais marinos), 6º A, 6º B e 6º C (animais marinos e figuras).
Aquí o tedes presentado nun divertido video e acompañado dunha canción na que recoñecedes as voces de ÉRIKA, LAURA, ANALÍA, INÉS, LARA e NEREA de 5ºA e CONTADORA DE SOÑOS. (Este video está a disposición da COORDINADORA GALEGA DE ENDL, na súa páxina de recursos didácticos sobre o Nadal)
0 comentarios:
Publicar un comentario