Menuda se montou onte na Biblioteca!
Estreamos a sesión de contacontos titulada "VEN A NADAR" coa cunchiña, cun conto de Galicia, en concreto de Carnota e que trouxo o noso amigo o SHELLYCOAT no que se conta por que a auga do mar é salgada.

Os encargados de ilustrar e escenificar este conto foron os alumnos de 6º A, cunha colaboración moi especial: a de Laura de 6º B que, no papel de Olaia, cantaba ao seu amor mariñeiro que a deixaba soa.
Excelente a interpretación de Daniel do mago Merlín e impresionante e belísima estaba Sofía, como a DAMA DO LAGO.
Estupendo o camara, a controladora de son, os relatores....
Un gran traballo en equipo onde cada un cumpriu a perfección o seu papel para darnos a coñecer un fermoso conto da nosa terra, onde se ensalza ao mar e a Galicia que sempre ESTÁ DE FESTA para celebrar todas as riquezas que ten.
Apetéceche ver o ben que o fixeron?
GRAZAS CONTADORA DE SOÑOS A TÚA ILUSIÓN FAI QUE A NOSA BIBLIOTECA ESTEA VIVA!
0 comentarios:
Publicar un comentario