Hoxe tivemos unha visita fantástica! O escritor Lois Oreiro veu visitarnos a Biblioteca e sabedes? e tío de Santi de 5º C.
Escribiu un libro sobre Santa Comba porque estaba buscando onde nacía o Río Xallas e ninguén sabía donde era exactamente. El dí que nacía no anonimato.
Contounos que temos que estar moi orguiosos de vivir en Santa Comba porque é o unico lugar de Europa que ten un río que desemboca nunha cascada.
E que foi unha terra de espias dos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial, porque o wolframio das minas de Barilongo era moi importante.
Que podemos ser o que queiramos ser porque ser de Santa Comba é unha
vantaxe.
E que se os mestres ensinan a pensar, ensinan a ser mellores e podemos ser máis felices.
Quedei abraiado con esta visita tan estupenda!
0 comentarios:
Publicar un comentario