viernes, 21 de enero de 2011

A FEIRA DOS LIBROS!

Estes días atoparedes nos pasillos e na biblioteca moitos libros moi bonitos e interesantes. Gustaríame que os miredes e busquedes aqueles que máis vos gusten para ler.

Pedídelle aos vosos profesores que vos acompañen a mirar e escoller o libro que vos interese.

Cando o teñades escollido, poñede o carnet dentro, indicar o voso curso e deixade o libro no caixón da biblioteca.


Máis tarde poderedes recollelos no estante correspondente ao voso curso na mesa redonda.



ÁNIMO, PODE SER DIVERTIDO!

0 comentarios:

Publicar un comentario