jueves, 23 de septiembre de 2010

UNHA LAREIRA E UN CONTANCONTOS IRLANDÉS NO COLEXIO!

Mirade que lareira temos na aula da CONTADORA DE SOÑOS! A parte da vosa esquerda está adicada a Galicia e a da vosa dereita a Irlanda. Que a gustiño deben estar os rapaces e rapazas aquí escoitando contos galegos e irlandeses! A que si?

Nesta lareira e ao seu calorciño está hospedado HANRAHAN O VERMELLO, un contacontos irlandés que contará moitas historias da súa terra. Que ben!


Oes Contadora espero que apareza algún deses contos por aquí e que HANRAHAN veña a facernos unha visita á Biblioteca. Benvido!

0 comentarios:

Publicar un comentario