aNobii é unha ferramenta que te permite formar unha estantería dixital cos libros que liches, que están lendo ou que queres ler. Podes ir añadindo libros e saber o que les por ano.
aNobii tamén che permite visitar os estantes de persoas que teñen gustos parecidos aos teus e podes telos como amigos ou veciños de lectura, incluso intercambiar libros.
Como ves é unha GRANDE BIBLIOTECA NA REDE.
O único problema que ten para crear un estante é que ten moi poucos libros en galego, así que primeiro tes que pasar o traballo de dalos de alta e despois de dúas semanas máis ou menos, recibes un email confirmando que o teu libro está engadido.
Aquí che deixamos o noso estante con libros de Uxío Novoneyra: "GORGORÍN E CABEZÓN", "O CUBIL DO XABARÍN", ILDA, O CORZO, O LOBO E O XABARÍN" e tamén "A PRINCESA DO COUREL" de Patacrúa. (Preme en cada libro para ver a información)
2 comentarios:
Noraboa por este blog.Ten pinta de que vai ser un dos "top ten".
Animo e benvid@s a este universo dos libros.
Saúdos
Bibliocovas
Grazas compañeiros de fatigas. Unha aperta deste Bibliorato.
Publicar un comentario