O grupo da Biblioteca do Ceip Barrié de la Maza quere estrear este blog coas actividades realizadas o 21 de maio no acto para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Historias de raposos da Serra do Courel do poeta Uxío Novoneyra, poesías sobre o mar e a terra, a letanía de Galicia e o Rap do Libro cantado polos nen@s de 6º. E, lóxicamente, non podemos esquecernos do noso Folklore.
(Lembra, preme en cada video e aparecerá en pequeno, busca as flechas para amplialo en pantalla total)
E para saber por que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas e disfrutar de bonitas actividades relacionadas co escritor UXIO NOVONEYRA, o homenaxeado deste ano, mergullate neste poster dixital e se queres velo en grande preme AQUÍ.
Fontes:
VIEIROS DA ESCOLA
PÁXINA DE UXIO NOVONEYRA
Actividades en liña do CEIP FRIAN-TEIS
Páxina Web da SERRA DO COUREL
Conto A PRINCESA DO COUREL de Patacrúa
POESÍA Na Virada e Uxio Novoneyra
FOTO: Escudo de Galicia de Castelao elaborado polos nen@s de 6º de Primaria.
2 comentarios:
Moitas felicidades neste inicio... e que este ánimo siga sempre presente en todos para facer cada dia mais dinámica a nosa tarefa de educar.
Bueno, bueno, este Bibliorato está disparado e con este ánimos moito máis. Grazas querido biblioanónimo.
Publicar un comentario