Ese ano para celebrar o día da paz buscamos información sobre todas as mulleres que foron galardoadas con este premio.Despois fixemos unha pequena exposición con todos os traballos presentados. Alí os nosos alumnos buscaron a resposta a unha batería de preguntas que lles tiñamos preparadas.
Así de bonita quedou. Dende o EDNL propuxeron unha galería de fotos coas que tiñamos que imaxinar situacións e frases de concordia . Tamén celebramos un acto no que cada alumno regalou un "Caramelo de Paz a un compañeiro. "