Dentro do programa que ideamos este ano quixemos que todas as accións realizadas en base ao noso proxecto foran claramente diferenciadas. Para conseguilo decidimos identificala cun logo.
Que é un logo?
Esa foi a primeira cuestión que tiveron que facerse os nosos alumnos. Buscamos información, imprimimos exemplos e propuxemos que se convertiran en diseñadores...
Convocamos un concurso para establecer un logo do noso proxecto "A volta ao mundo en 80 accións", e a nosa biblioteca neste ano como Base de Exploración.
A continuación presentamos o deseño gañador e a maquetación definitiva do mesmo:
UNHA SINXELA CHAVE FOI A GAÑADORA.
QUE IDEAS PODE SUXERIR UNHA CHAVE?
A chave do coñecemento.
A chave que abre a porta da nosa Base de Exploracións.
A chave que abre o noso corazón e a mente.
A chave da creatividade.
A chave ás solucións.... etc.
Pero esta é soamente unha das propostas... Había moitas, e moi boas e delas tamén fixemos unha pequena selección que loce na entrada da biblioteca.