lunes, 27 de diciembre de 2010

OBRA DE TEATRO "UN CONTO TOLO"

O noso festival de Nadal deste curso 2010-2011 foi adicado aos soños.

Un soño moi especial foi o que tivo a inspiración fai moito, moito tempo. E para que se cumprira fixo falta a man dun autor chamado VALLE INCLÁN, que escribiu a obra A CABEZA DO DRAGÓN……A mán dos nenos e nenas de sexto curso do Ceip Onésimo Redondo Pinto de Madrid……E finalmente a dos alumnos e alumnas tamén de sexto curso do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

A inspiración, representada por un bufón, conseguiu así o seu obxectivo que non é outro que divertir. Aquí tedes o seu soño titulado: “UN CONTO TOLO



Aquí podedes ler a obra con detalle.
obra dragón

martes, 21 de diciembre de 2010

lunes, 20 de diciembre de 2010

POSTAL DE NADAL DO NOSO COLEXIO

Hoxe quero ensinarvos a postal de Ana Castiñeira Landeira que cursa 6º de Primaria e que debuxou unha postal moi orixinal. 

Ésta foi elexida para que o colexio felicitara a todo o mundo. A min xa me deron a miña e teñoa gardada na Biblioteca con moito cariño. 

Parabéns Ana pola túa imaxinación e creatividade!

domingo, 19 de diciembre de 2010

DIA DO DISCAPACITADO

O 3 de decembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS DISCAPACIDADES. No noso cole tiñamos unhas actividades preparadas para ese día pero, por motivos do tempo, tivemos que suspender as clases de xeito que quedaron aplazadas ata o venres día 17.

Os monitores mostraron aos nen@s como era non ter visión, camiñar nunha cadeira de rodas... Dende aquí queremos darlle as grazas  por tan estupendas clases.

Pero se queredes votar unha ollada e comprobar como nos foi aquí tedes unhas fotos dese día.
¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow


Agora as nosas alumnas da aula específica queren aproveitar para felicitar o nadal. A que están guapísimas?

sábado, 18 de diciembre de 2010

UN LIBRO DE RECEITAS MOI APETITOSAS!

Hmmmm! Que cousa máis apetitosa prepararon os rapaces e rapazas de 2º B, un libro de receitas! Así que xa sabedes, podedes practicar nestas vacacións con papá e mamá e converteros nuns grandes cociñeiros! (Preme na imaxe para ver en pantalla completa)

jueves, 16 de diciembre de 2010

A ÁRBORE DE NADAL

Que ben! Seguimos a adornar o cole! Agora con ábores de Nadal elaborados polos nenos e nenas de Educación Infantil coa axuda dos seus papás e mamás!

Grazas a todos por esta colaboración cun resultado precioso. Queredes velo?


Tamén podedes aproveitar para ler un bonito conto que acontece nunha árbore de Nadal, preme na imaxe de abaixo e adiante!



jueves, 9 de diciembre de 2010

OS CONTOS VAN A BELÉN

Que contento estou. Pronto será Nadal e os rapaces e rapazas de 6º, xunto coa CONTADORA DE SOÑOS, adornaron a entrada da Biblioteca cunha morea de contos camiño a Belén. 

Unha manualidade preciosa formada por máis de cen figuras modeladas en plastilina representando aos contos de toda a vida. Queres votarlle unha ollada e ver que bonito lles quedou?



Eu tamén quixen contribuir a adornar o colexio. A que estou guapo na árbore de Nadal?

domingo, 5 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Agora que nos está a vir o Nadal lembramos a esta figura mítica galega a través deste poster dixital. Preme AQUÍ para velo en grande.


FONTES:
PAXINA OFICIAL DO APALPADOR
VIEIROS DA ESCOLA
IMAXE POSTER DE LEANDRO LAMAS
XOGO DO CEIP OUTEIRO DAS PENAS
TVG
ILUSTRACIÓNS DOS RAPACES E RAPAZAS DO 2º CICLO DE PRIMARIA

No poster aparece o video do noso conto do APALPADOR.  Aqui o tes acompañado dunhas preguntas. Que che parece se intentas contestar e ves cantas acertas?

viernes, 3 de diciembre de 2010

CELTIC ROOTS

Que contenta está a nosa amiga a CONTADORA DE SOÑOS, como sabedes está a traballar a cultura celta e a través dela chega esta noticia sobre CELTIC ROOTS!

 
Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.


O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Máis info en: celticroots.org
Para reservar ou mercar o disco: paitunes.com
 O PROXECTO

Celtic Roots - GL from Casa de Tolos on Vimeo.
E AQUI  UNHA PRECIOSA CANCIÓN

sábado, 27 de noviembre de 2010

CONTACONTOS INTERCULTURAL

Para rematar a semana cultural tivemos un fantástico contacontos. Sabedes de cantos contos disfrutamos? Pois de cinco: NEGROS E BRANCOS (David Mckee), ELMER (David Mckee), A COELLA MARCELA, O REI ARTURO e  "A historia do home do saco".

E que vos parece se podedes disfrutar no noso blog de algúns deles? Por exemplo  do conto de NEGROS E BRANCOS, ilustrado por alumnos do noso cole.


E do conto de Elmer...

viernes, 26 de noviembre de 2010

ACTIVIDADES DURANTE A SEMANA INTERCULTURAL



E por fin temos o video no que se recolle as actividades realizadas durante esta semana intercultural pola empresa VAGALUME. Disfrutadeo!

miércoles, 24 de noviembre de 2010

SEMANA INTERCULTURAL "CHARLA CON ALUMN@S"

Hoxe temos unha gran sorpresa: unha charla con JENNIFER, GUILLERMO, ERIKA, MARIA, FÁTIMA, LETICIA, YOANDRA Y CINTHIA. Alumn@s do colexio pertencentes a outras culturas e aos que todos coñecemos. Pero hoxe queren contarche cousas especiais do seu país de procendencia ou da súa etnia. Escoitaos con moita atención.

lunes, 22 de noviembre de 2010

SEMANA INTERCULTURAL NO COLEXIO

A Empresa Vagalume, contratada polo concello de Santa Comba,  ven visitarnos esta semana ao cole para realizar con nós actividades sobre as culturas do mundo. Haberá un concurso de carteis co tema "As culturas que conviven no meu pobo" e de luns a xoves obradoiros sobre distintos continentes aos que se asistirán por turnos para rematar o venres cunha sesión de contacontos.

Así que durante estes días no noso blog poñeremos videos musicais, libros e historias doutros países e algunha entrevista aos alumn@s do noso cole doutra cultura. A que che gusta a idea?

Comezamos co libro ARROZ, AUGA E MILLO, de BERTA PIÑÁN, ilustracións de ELENA FERNÁNDEZ. Versos para nenos e nenas de todas as partes do mundo. Premio de Literatura Infantil e Xuvenil MARÍA JOSEFA CANELLADA 2008. Diploma nos PREMIOS VISUAL de Deseño Editorial 2009.
Aquí cho presento en video cunha música de acompañamento marabillosa.

viernes, 19 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO, DÍA DO NEN@

Sabedes? O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. Dende entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Nen@.

lunes, 15 de noviembre de 2010

UN RECUNCHO DE LECTURA MÁXICA

Sabedes? O noso cole estase enchendo de contos por todas partes. Hai un rincón moi especial, o dos bruxiñ@s de Segundo e Terceiro de Primaria no que un pode sentarse a descansar e descubir historias de Santa Comba.

Miradeo ben, a que é chulísimo?

E agora podedes vós ler o conto dos rapaces e rapazas de Segundo A titulado "A BRUXA DAS ESTRELAS" que ocupa unha das paredes (queda pendente o de Segundo B que está en proceso de elaboración)

A que as estrelas son maravillosas? Grazas, bruxiña do pelo negro por  poñelas no ceo todas as noites!


Dende CONTADORA DE SOÑOS

viernes, 12 de noviembre de 2010

MAGOSTO-SAMAIN 2010

Que ben o pasamos hoxe! O único que nos estropeou un pouco o día foi o tempo! De todas maneiras mirade que bonito estivo todo!

Grazas aos papás e mamás por participar e acompañarnos neste día especial.

jueves, 11 de noviembre de 2010

QUE VEN O MAGOSTO!


ImageChef.com Poetry Blender
Ola! Estou moi nervioso porque mañá celebramos o Magosto no colexio e estou desexando ver as vosas manualidades e comer moitas, moitas castañas!

Mentras espero vou ver neste xogo, creado polo profe FÉLIX PIMENTEL (do Ceip Pilar Maestú da Pobra) e DOLORES IGLESIAS (do Ceip de Cespón), canto sei sobre esta festa da nosa terra. Vémonos! (Preme na imaxe e logo en executar)
(Via O RECANTO DE MIK)

viernes, 5 de noviembre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: CONTO "JESSICA NON CRÍA EN BRUXAS"

Halloween Socière et chat noir Potion magique
Todo o que empeza ten que rematar, deste xeito os contos a carón da lareira na Biblioteca din adeus.

Grazas a todos e a todas, os que colaboraron nos contos, os que os viñeron escoitar, os que axudaron...

Os nen@s de 5º B son os encargados de pechar a hora meiga cun maravilloso conto narrado por Laura, cunha protagonista especial, Jessica, escenificado por tod@s e cunha sorpresa final. 


E que che parece se admiras os preciosos debuxos destes alumn@s?

miércoles, 3 de noviembre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: "A BRUXA MON" EN TÍTERES

O libro "A BRUXA MON é un libro de Pilar Mateos para nen@s de 2º ou 3º curso de primaria.


Os rapaces e rapazas de 5º A representaron con títeres o primeiro e o último capítulo. Avoa Recareda: Alicia, Policia: Samuel Péixe: Bruno C, Bruxa: Elena e Sheila, Ra: Fran, Nena: Sofía, Guardia: Paula, Pooka: Daniel, Conductor: Carla, Eco: Paula L, Narradores: Samuel e Julián.

Mirade que bonito!


E finalmente, se premedes na imaxe poderedes xogar e aprender moito coa bruxa Mon.

viernes, 29 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: TEATRO "AVENTURAS DE CURUXA, A APRENDIZ DE BRUXA"

Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada. Así é como empeza a obra de teatro que escenificou hoxe na Biblioteca o grupo de 5º C.



Tivemos un problema co video porque eramos tant@s que a condesación estropeou a súa grabación. De todas maneiras aquí tedes unha montaxe con imaxes desta preciosa obra e sobre todo cuns actores e actrices estupendas. Parabéns 5º C!




Finalmente, para todos os que estén interesados, esta é a nosa obra de teatro (Fonte LETRAS GALEGAS, WEB DE NORBERTO)

(PREME EN FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)


CURUXA    

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

O próximo sábado, 30 de octubre, celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e gustaríame deixarte uns debuxos moi bonitos explicando a súa vida.

Neste precioso poema  Miguel expresa o seu desexo de ser un paxaro, queres continualo ti decindo o que che gustaría ser?

Yo quisiera, quisiera
yo quisiera ser pájaro:
un asiento de ramas,
y de plumas los brazos:
el quehacer de aire y nada,
y de pico los cánticos,
el amigo en el cielo
y el amor en el árbol.
Yo quisiera, quisiera
yo quisiera ser campo,
la cabeza de almendra,
los cabellos de esparto
el aliento de pinos
y los picos de sembrados,
el hablar de silencios
y de surcos los labios.

miércoles, 27 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: The Kingdom of Witches

Today was a special day! All the activities were in english. Vaia dia! Xogamos a Trick or Treat coas profes de inglés Gloria e Carmen.


E logo na Biblioteca traballamos co videoconto titulado "The Kingdom of Witches". Os encargados de narralo foron ALBERTO, CARMEN, AINOA, FRANCISCO, JESSICA E ANA, de terceiro ciclo. Tamén se repartiu pó do reino das bruxas para aprender moito inglés.














E que vos parece se lle votades unha ollada ao maravilloso conto de hoxe? Thanks teacher Gloria and Carmen.


reino (Aquí atoparás a traducción ó galego)

Para rematar, tedes unha preciosa montaxe  da profe de inglés do cole da RABADEIRA (da que temos permiso para utilizalo no noso blog) no que se explica a festa de HALLOWEEN. Parabéns teacher e saúdos a todos os nen@s e compis dese cole!

lunes, 25 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: CONTO "O BARCO DOS BRUXOS"

Menuda se montou hoxe ha Biblioteca! A avoa Recareda, o pooka e grupo de ilustradores presentaron o conto "O BARCO DOS BRUXOS" ao ritmo da música de MAKELENA e logo repartiron zume de libros que estaba delicioso e que fará que tod@s leamos moitísimo máis. Mirade tod@s que ben o pasamos! Foi un éxito de público xa que as dúas sesións estiveron cheas de nen@s. Grazas a tod@s por vir!

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow
Disfrutade agora do estupendo conto e da banda sonora que o acompañou.

jueves, 21 de octubre de 2010

UNHA CASA GALEGA, UNHA LAREIRA, UNHA BRUXA E UNHA CANCIÓN NA BIBLIOTECA!

 Mirade e admirade! Que bonita nos quedou a entrada á Biblioteca! E aínda hai máis pois dentro temos unha lareira e a carón dela vanse contar historias moi emocionantes!


Empezaremos a semana que ven con aventuras de bruxas na HORA MEIGA. 

Este é o programa para celebrar o SAMAÍN na nosa Biblioteca.


E por que historias de bruxas? Pois porque veu visitarnos a BRUXA MAKELENA e quere invitarnos a vivir estas experiencias cunha canción que se poñerá para avisarvos de que empeza a actividade.


Poe

ESPERO VERVOS A TOD@S!