IV CERTAME DE POESÍA
Con motivo da IX Semana da Poesía que se celebrará no centro, o EDEBE E ODLG propoñemos as seguintes actividades:
1. Aula Específica, Ed. Infantil, 1º e 2º: ilustración da poesía
2. 3º, 4º, 5º e 6º: Composición dunha poesía de extensión, rima e ilustración libre e relacionada co tema da natureza que se está a traballar no centro dentro dos proxectos "Naturxallas" e "Naturalízate"
3. Valorarase a presentación, orde, limpeza dos traballos presentados á hora de elixir os gañadores.
4. As obras creadas levarán na parte posterior o nome e curso do alumno/a.
5. Os titores farán una preselección dos traballos realizados que entregarán aos membros dos equipos mencionados para escoller os gañadores.
6. Entre as obras entregadas elixirase un gañador por titoría.
7. O prazo máximo de entrega será o 4 de abril.
8. Proximamente informarase da data do recital e entrega de premios que se celebrará na semana do 24 ao 28 de abril.