A PINTURA OUTRA FORMA DE LER!
miércoles, 12 de marzo de 2014
lunes, 10 de marzo de 2014
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
En colaboración co equipo de Dinamización Lingüística, o venres, a nosa biblioteca encheuse de mulleres que tiñan moito, moito que contarnos.
Unha mestra, enfermeira, arquitecta, gandeira, florista, policía municipal, farmacéutica e óptica visitaron o noso cole dentro do I CERTAME DE MULLERES XALLEIRAS. A verdade é que aprendemos moito destas mulleres e dos seus traballos.
Moitas grazas a todas pola vosa visita!!
viernes, 7 de marzo de 2014
PROXECTO ATRAPANOMES
A raíz do conto "A PRINCESA QUE PERDEU O SEU NOME", co que conmemoramos o DÍA DA PAZ, xurde o proxecto "ATRAPANOMES" co obxectivo de que os rapaces aprendan a importancia de ter un nome, símbolo de IDENTIDADE.
Deste xeito, investigamos a orixe dos nosos nomes, o significado, a historia de por que os nosos pais elexiron o noso nome... Con esta información elaboramos un EX-LIBRIS propio (marca de identificación que se coloca nos libros). Este é o resultado resumido do noso traballo. Parabéns a todos polo voso esforzo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)