lunes, 28 de octubre de 2013

SAMAÍN MONSTRUOSO!

Vaia colección de monstros bos que temos no cole para celebrar Samaín! Monstros que reparten apertas, bicos, comida, cartos, que limpan, que arranxan libros, que axudan a ser felices, que coidan do planeta terra, que axudan a facer os deberes, que intentan que os montes non ardan, que coidan dos océanos, que axudan a conseguir os retos, que fortalecen amizades...

Este é o noso MONSTRUARIO, un tesouro da creatividade! 



Destacamos especialmente ao "HOME DO SACO". No seu saco colecciona momentos bonitos da vida das persoas, desexos, soños...  Eses tesouros que todos temos agochados no noso corazón!

Entre tod@s contribuímos a encher o seu saco. Que ilusión!

Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!

Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!

Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!

Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.

Primeiro e infantil encheu o saco de sorpresas e a máis grande veu dende a biblioteca: unha rede de palabras ditas con tenrura que fixemos para o conto "O Xigante do Pantano" .

A verdade é que o saco quedou cheíño. Queredes botarlle unha ollada?




E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s. 


viernes, 25 de octubre de 2013

PREMIOS ADISCO DO ENIGMA DO MES DE OUTUBRO

Que ben! Aquí tedes a relación de premiados do segundo enigma de ADISCO "O CASO DO ENSUCIADOR MISTERIOSO" do mes de outubro.

E estes son os agasallos que recibiron,  cortesía de "LAS TELITAS DE TERESA" (ARTÍCULOS ARTESANALES) www.lastelitasdeteresa.blogspot.com
´Parabéns a tod@s e a seguir participando nas próximas convocatorias de ADISCO!

domingo, 20 de octubre de 2013

NAISCONTACONTOS NA HORA DE LER (XAIME E AS LANDRAS)

As profes de Educación Infantil de 5 anos están a traballar o outono e  tiñan moitas gañas de que os nen@ escoitasen o fermoso conto de "Xaime e as landras". 

Desexo concedido!

A nai de Nicolás  (5 anos A) e a nai de Alexia (5 anos B) e Lucía (3 anos B) viñeron na hora de ler e contaron este fermoso conto. Grazas as dúas que o fixeron fenomenal!






E aquí tedes unhas actividades do conto en lim. 


jueves, 17 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA HORA DE LER (NAIS EN INFANTIL CATRO ANOS)

Que sorte que tivemos!  O xoves 10 de outubro veu a ler un conto a nai de Noa, na hora de ler, e tod@s os alumn@s de 4 anos o pasaron estupendamente e eu máis! O Conto de Caillou e a boneca de Rosie (Everest)  foi todo un éxito!

E o martes 15 de outubro veu a nai de Claudia, tamén na hora de ler,  e os nen@s de 4 anos A disfrutaron das aventuras de "O coelliño branco" (Kalandraka). 


Aquí tedes un video desta última sesión. Veredes que supercontacontos!

martes, 15 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O XIGANTE DO PANTANO" E UNHA CARTA CON DÚAS PROPOSTAS MONSTRUOSAS

Este luns a nosa biblioteca abriu as súas portas  e, para celebralo, tivemos unhas sesións de contacontos nas que  dúas nais foron as encargadas de poñer voz. O conto elexido foi "O Xigante do Pantano" de OQO. Un conto que fala da intolerancia, dos medos...

Aquí tedes algunhas das mellores fotos do momento.



E aquí vos vai a miña carta con dúas propostas monstruosas para traballar este conto.

sábado, 12 de octubre de 2013

ARTE CON CHAPAS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA (RANGOLIS)


Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos. 

A súa orixe é hindú e soen realizarse na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda. 

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros. 

Este é o resultado dun gran traballo en equipo, uns traendo chapas, outros pintandoas e os artistas de 6º de Primaria realizando os seus rangolis, cada un ten o seu significado.  


Na nosa biblioteca
 hai unha porta encantada 
 que está aberta e esperando aos magos e as fadas. 

Garda un tesouro de libros 
 de historias marabillosas 
 que nos contan as fazañas
 de figuras fabulosas. 

 Se te atreves a entrar
 grandes probas has de pasar 
 así que quita as túas lagañas 
e forma parte desta historia!

CONTADORASONOS's  album on Photobucket

(Máis información en CONTADORA DE SOÑOS http://carmenlodeiro.blogspot.com.es/)

jueves, 10 de octubre de 2013

RECURSOS DE OUTONO

Como me encantan os contos aquí vos deixo un tesouro que tiña gardado para esta ocasión, un  videoconto titulado "Amor de outono" que sei que vos gustará moitísimo!


 E un estupendo xogo para aprender moito máis  sobre esta estación para Educación Infantil (premede na imaxe)

martes, 8 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "A PRINCESA QUE QUERÍA UNHA ESTRELA"

Que ben o pasaron os peques do cole, Educación Infantil 3 anos A e B, na hora de ler! Visitaron a nosa biblioteca e aprenderon o meu nome "BIBLIORRATO" ainda que algún xa me coñecía. Que sorprendido quedei!

A miña amiga CONTADORA DE SOÑOS contoulles un precioso conto dunha princesa que quería unha estrela. Por portase tan ben  levaron unha piruleta de agasallo. Hummm que rica!


 


lunes, 7 de octubre de 2013

APERTURA DA BIBLIOTECA O DÍA 14!

Que gañas teño de que chegue o día 14! Ese día abrimos a nosa biblioteca con grandes sorpresas. Lede ben este cartel e veredes, veredes...


E, para que teñades moi clariño estas son as normas de uso:



·     Para ir co titor á biblioteca a ler, buscar información… fixouse o seguinte horario:

jueves, 3 de octubre de 2013

ADISCO, ENIGMA DO MES DE OUTUBRO

Esta é a carta que todos os alumn@s recibiron na hora de ler co segundo enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Nela propónse o caso do "Ensuciador Misterioso"

 E estas son as fichas cos datos dos principais sospeitosos!
Buff! Vaia traballiño que teñen por diante! Serán capaces de levalo a cabo?