viernes, 21 de junio de 2013

DESPEDIDA DO CURSO, O LARETEIRO DO XALLAS E UN LIBRO RECOMENDADO!

Vaia último dia de cole tan especial, menudo ritmo lle puxeron os rapaces de Sexto cos seus bailes e o grupo Alborada coa súa actuación!

Pero agora chegou o momento da despedida e vouno facer deixando moita lectura:


  • A DA REVISTA DO COLE "O LARETEIRO DO XALLAS

Publish at Calameo or read more publications.

  •  E a recomendación dos alumn@s de 6º A da lectura do libro "A TORRE DAS LAVERCAS" de DANIEL AMEIXEIRO.

Eu quedo na biblioteca esperandovos porque.... Notición!!! o curso que ven vouvos contar o meu gran segredo! Que? Que o queredes saber xa? Diso nada monadas!!!

jueves, 20 de junio de 2013

OBRA DE TEATRO "O RESTAURANTE FARRUCO"

Chus Pereiro é a autora de Restaurante Farruco, texto teatral infantil publicado pola editorial Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez. Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día, nun só espazo. Neste espazo, o restaurante, onde os comensais falan do prezo esaxerado -ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar-, hai algo que semella misión imposible: comer. E o porqué atopámolo na serie de animais vivos que deberían agardar a seren cociñados pero que
non se amosarán dispostos ao sacrificio. Normal, por outro lado! Iso si, nun restaurante de luxo hai que pagar, pase o que pase. E aí reside o timo do restaurante.

Os alumn@s de 4º de primaria representaron esta obra para tod@s no Multiusos de Santa Comba. Mirade que ben o fixeron!!





miércoles, 19 de junio de 2013

A MAXIA DA VIDA (QUEN FOI PRIMEIRO O OVO OU A GALIÑA)

Vaia últimos días de curso que estamos a pasar! Contacontos, teatro, xogos populares, actuacións...
Pero o máis espectacular é o nacemento na Biblioteca de pitiños, si como o ledes, PITIÑOS!!!!

O 29 de maio iniciamos un proceso de incubación de ovos e hoxe, 19 de xuño, despois de coidalos moito, voltealos todos os días, mirar a temperatura e a humidade... NACERON POR FIN!!!



E agora para que aprendades máis deste proceso que tal se ledes esta presentación con moita atención?